Os servizos de Oxígeno Gestión para os Xóvenes engloba todas as accións dirixidas a facilitar a integración e participación dos mozos na vida social, política, económica e cultural do seu municipio.

Desenvolvemos iniciativas que favorezan a igualdade de oportunidades, ademais de ofrecer servizos de asesoramento sobre asuntos de interese para os mozos a través da xestión de punto de información xuvenil ou casa da mocidade.

Deseñamos actividades alternativas ao lecer e tempo libre dos mozos durante os fins de semana que sirvan para divertirse, aprender e como elemento de prevención de riscos.

Dinamizamos os espazos educativos propiciando a formación integral dos novos estudantes, promovendo actividades complementarias que eduquen en valores. Así mesmo, realizamos campañas de promoción e divulgación en diferentes áreas como arte, cultura, educación sexual, emprego, saúde, etc.

Ofrecemos diferentes alternativas de tempo libre na natureza, que proporciona aos mozos a oportunidade de relacionarse con outros mozos e motivándolles a colaborar coa protección do medio ambiente.

O noso equipo multidisciplinar dará unha resposta integral e integradora en todas as áreas de actuación que complementarán os servizos do seu Concello. A continuación atopará as nosas áreas de actuación e propostas.

 

PROGRAMA DE EMANCIPACIÓN XUVENIL

  • Emprego
  • Educación e Formación
  • Vivenda

 

PROGRAMA DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

  • Información Xuvenil
  • Igualdade de xénero
  • Exclusión social e discapacidade

 

PROGRAMA DE CALIDADE DE VIDA

  • Salude
  • Medio Ambiente
  • Transporte e educación vial
  • Consumo responsable
  • Aire Libre
    • Actividades no medio natural: sendeirismo, deporte de aventura, orientación, …
    • Campamentos, campos de traballo, …
  • Lecer Alternativo
  • Deporte

 

PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN XUVENIL

  • Asociacionismo
  • Voluntariado

 

PROGRAMA DE PROMOCIÓN CULTURAL

  • Actividades Culturais
    • Viaxes culturais
  • Promoción de Iniciativas Culturais Xuvenís

ideasorixinais

detallescoidados

damosmáis