|
Campamento Eureka é unha nova proposta do equipo de Ciencia recreativa para períodos non lectivos. Un programa de ciencia divertida para concellos, empresas, asociacións e entidades que queren ofrecer unha actividade nova, lúdica e educativa.
Para nenos e nenas a partir de 4 anos, as actividades están adaptadas segundo a súa cliclo educativo. Diferentes temáticas a elixir, entre outras:
- CIENCIAS: Para descubrir os segredos da ciencia con divertidos experimentos de física, mecánica, reaccións químicas, xogos cos sentidos,... Aprenderán o método científico e a crear as súas propias experiencias.
- MEDIOAMBIENTE: Comprenderán como funciona a natureza e coidarana cos talleres de reciclaxe, experimentos con enerxías alternativas, dinámicas de role playing dos ecosistemas, excursións,..
- TECNOLOXÍA: Montarán os seus propios circuítos electrónicos, experimentarán coa electricidade e con diferentes aparellos para comprender como funcionan as cousas desde as máis sinxelas até a máis complexas.
- ASTRONOMÍA: Para aprender de forma práctica con experimentos como se formou o universo, saberán identificar os planetas e as estrelas. Descubrirán a importancia que isto tivo na historia.
- NUTRICIÓN: Aprenderán xogando a importancia dunha dieta sa e equilibrada. Descubrirán con experimentos os beneficios e prexuízos dalgúns alimentos, converteremos a cociña nun laborator
+ QUE CIENCIA
Xogos, gymkhanas, deportes, teatro, talleres, música, animación, festas, saídas e excursións, ... todo tipo de actividades adicionais.
|

|