Â
En OxÃgeno Gestión sabemos que a preocupación polo medio ambiente é obxectivo prioritario dos Concellos, é por iso que ofrecemos unha serie de servizos ambientais co obxecto de conseguir un desenvolvemento sustentable nos municipios.
Creamos proxectos medio ambientais nos que actuamos a nivel de coñecementos, actitudes e aptitudes. A nosa intervención integra tanto a planificación e deseño de programas medio ambientais, como a súa execución directa.
As nosas accións van dirixidas a distintos sectores, nenos, novos, adultos, terceira idade, empresarios, asociacións, ..., e teñen como fin procurar cambios individuais e sociais dirixidos á mellora ambiental. Os nosos obxectivos principais: favorecer valores, modelos de conduta, e capacitar persoas responsables, activas e comprometidas co desenvolvemento sustentable. Concienciando sobre o papel fundamental que todos xogamos no coidado do medio ambiente.
Especialmente desenvolvemos programas de Educación Ambiental para nenos e novos, accións educativas e de sensibilización ambiental, ligadas ao medio urbano e natural dos municipios. Cos nosos programas de Educación Ambiental proporcionamos, por medio de actividades didácticas ou de sensibilización, conciencia e información ambiental aos cidadáns e en especial, á poboación escolar. O noso obxectivo é achegar aos cidadáns, e en especial aos mozos, á realidade do seu medio natural e etnográfico, para favorecer a súa comprensión e fomentar cambios de actitude que favorezan o seu respecto e conservación.
Â
EDUCACIÓN AMBIENTAL
- Programas de educación ambiental:
- Deseño a medida
- Xestión integral
- Producción de materiais didácticos e divulgativos
- Creación de xogos ambientais (de mesa, no medio, de simulación, etc) e dinámicas
- Obradoiros temáticos: Ciencia reCreativa
- Actividades Extraescolares: Obradoiro de Medioambiente
- Deseño de actividades para dÃas conmemorativos ou temáticas especÃficas
- Charlas de educación ambiental
- Itinerarios medioambientais
- Contacuentos
- Axenda 21 Escolar
- Campamentos de Medioambiente
- Hortos Urbanos Sostenibles
- Xestión de equipamientos ambientais: centro de visitantes, aulas de natureza, etc.
Â
COMUNICACIÓN AMBIENTAL
- Campañas de comunicación e sensibilización ambiental
- Xestión de eventos ambientais: dÃa da agua, semana da movilidade, dÃa do medio ambiente, etc.
- Programa de Divulgación CientÃfica: Ciencia reCreativa
Â
INTERPRETACIÓN MEDIOAMBIENTAL
- Realización de itinerarios ambientais
- Deseño de Rutas de Sendeirismo Ecolóxicas
- Planificación de sendeiros
- Xestión de Centros de Interpretación do Medio Natural e do Patrimonio
- Deseño de cadernos e guÃas interpretativas


