En Oxígeno Gestión somos especialistas na realización de actividades e cursos de orientación na natureza. Ensinarémosche a orientarche cun mapa e un compás, por medios naturais ou con sistemas máis sofisticados como un GPS.

Organizamos desde a actividades lúdicas de orientación para colexios, asociacións ou concellos, até diferentes cursos de orientación na natureza para todos os niveis, desde iniciación até expertos. Realizamos cursos para colectivos de profesionais como policías, bombeiros, monitores, etc. Ampla experiencia dos nosos técnicos en formación.

Entre os nosos avais atópanse a experiencia, o gran equipamento e material formativo, ademais de ser a única empresa en Galicia que conta con Técnicos de Orientación de nivel I e II, titulados pola Federación Española de Orientación (FEDO).

Estas son algunhas dos servizos que ofrecemos de orientación.


Aprende Orientación

Nesta actividade realízase unha ruta de sendeirismo por un lugar descoñecido, durante a ruta explícanse e practican os seguintes conceptos:
  • Técnicas básicas de orientación
  • Lectura de mapa
  • Identificación mapa-terreo
  • Manexo de búxola

oxi_aprende_orientacion


Pérdete connosco

Este programa complementa ao nivel básico "Aprende Orientación". Aquí perfecionarás a túa técnica de orientación e aprenderás novas técnicas máis avanzadas.

Consta de dúas partes:
  1. Repaso das técnicas básicas de orientación.
  2. Exposición e práctica de técnicas avanzadas de orientación, pero fáciles de aprender para nenos e maiores,
  3. Realización dun percorrido por parellas de orientación aventura.

oxi_pierdete_nosotros


Xoga coa búxola

Aprende a manexar un compás con soltura cunha serie de actividades totalmente prácticas que se desenvolven na natureza.

Non te perdas nunca máis cun mapa e un compás na man. Este programa inclúe de agasallo un mapa e un compás de orientación para practicar en casa.

oxi_juega_brujula


Gps fácil

Aprende a manexar un GPS (Sistema de Posicionamento Global) de forma fácil. Sácalle todo o rendemento a esta ferramenta tecnólogica, xa sexa no campo como na montaña, e non te volvas a perder.

Planifica as túas rutas no computador coa axuda da cartografía dixital e as fotografías aéreas por exemplo de Google Maps. Interpreta o GPS xunto co plano e o compás e non te volvas a perder, camiña seguro pola natureza.

Descobre connosco e xoga á procura do tesouro co Geocaching.

oxi_gps


LUGARES

Estes programas de desenvolven nos seguintes lugares da Coruña. Noutras provincias, consultar dispoñibilidade.

  • Pinar de San Xurxo (Ferrol)
  • Praia de Covas (Ferrol)
  • Acea da Má (Culleredo)
  • Torre de Hércules (A Coruña)
  • Serra de Forgoselos (As Pontes de García Rodríguez)
  • A Espenuca (Coirós)
  • Canzobre (Arteixo)
  • Oroso (Sigüeiro)
  • Monte Pedroso (Santiago)
  • Teo

oxi_lugares_galicia



ideasorixinais

detallescoidados

damosmáis