En Oxígeno Gestión colaboramos coas administracións públicas, sobre todo no ámbito municipal, para o desenvolvemento e implantación de proxectos que xeren benestar social entre os seus veciños e veciñas tanto a nivel persoal, grupal como comunitario.
O noso equipo profesional de intervención social tras unha profunda análise das necesidades de cada cliente, a situación social e o proxecto a realizar, ofrecerá unha solución integral personalizada de intervención social que cumpra os obxectivos marcados e as expectativas do cliente e do colectivo destinatario.
Os programas ofrecidos van dirixidos especialmente a nenos/as, novos e familias. O obxectivo principal dos nosos programas é crear actitudes positivas entre a poboación que favorezan o desenvolvemento da comunidade onde viven e preveñan a creación de situacións de desigualdade, discriminación ou conflitos sociais, cunha metodoloxía lúdico-formativa. Desenvolvemos os seguintes tipos de programas recolleitos nos convenios estatais:
ÁREA DE INTERVENCIÓN SOCIOCOMUNITARIA E SOCIOCULTURAL
- Programas de animación sociocultural, actividades socioculturais, de lecer e tempo libre educativo en centros culturais/casas da cultura, centros cívicos, escolas de persoas adultas, centro de maiores ou outras entidades e asociacións (Colonias urbanas, Campamentos, Ludotecas, Ocio Nocturno, Intercambios Culturais, Campos de Traballo, Salidas culturais ou deportivas, etc..).
- Programas e servizos de promoción grupal e comunitaria, da participación e do asociacionismo.
- Programas de desenvolvemento local.
- Programas de sensibilización para a convivencia intercultural, educación para a paz, e cooperación para o desenvolvemento.
- Programas de educación ambiental (Aulas de Natureza, Granxas Escola...).
- Servizos de fomento dos dereitos civís e sociais, sensibilización da igualdade de oportunidades e perspectiva de xénero.
- Servizos de conciliación da vida familiar e laboral.
- Programas de sensibilización, educación comunitaria e concienciación social. Prevención da violencia especialmente a de xénero.
ÁREA DE INTERVENCIÓN PSICOSOCIAL E SOCIOEDUCATIVA
- Servizos de educación social (de rúa e familia) e de traballo social.
- Programas de intervención socioeducativa (compensación educativa, absentismo escolar, educación en valores, prevención, sensibilización, educación para a saúde, coeducación, accións en tempos tutoriales, actividades extraescolares, talleres educativos, etc.).
- Programas de desenvolvemento persoal e social (habilidades sociais, crecemento persoal e participación, etc.).
- Centros de día para desenvolvemento persoal e integración social de infancia, mocidade e adolescencia en risco.
- Escolas de pais e nais, avós e avoas.
ÁREA DE INTERVENCIÓN SOCIOSANITARIA
- Servizos de prevención do VIH e drogodependencias.
- Talleres de educación sexual e prevención de embarazos non desexados.
- Programas sociosanitarios integrais para a prevención de adiccións en escolares e novas.
- Programas de educación para a saúde: hábitos saudables, fomento do deporte, nutrición saudable e prevención de trastornos alimenticios.
- Actividades de lecer e apoio a nen@s enfermos hospitalizados.
ÁREA DE INTERVENCIÓN SOCIOLABORAL
- Preobradoiros para o desenvolvemento persoal, a integración social e compensar déficit socioeducativos a adolescencia e mocidade en risco.
- Centro de día para favorecer a inserción social de colectivos en situación de exclusión, preparación ocupacional e prelaboral.





