"As Ludotecas son espazos lúdicos, creativos, transformados pola imaxinación, fantasía e creatividade dos nenos, xóvenes, etc... onde todos divírtense con espontaneidade, liberdade e alegría" Raimundo Dinello

Más que un espazo

"Ludoteca" do latín "ludos" xogos + "theca" caixa ou local para gardar algo.

A Ludoteca de Oxígeno non é un local onde se garden xogos, xoguetes ou nenos.O seu obxectivo principal é estimular ao neno e a súa familia a xogar ofrecéndolles un espazo, xoguetes, propostas de xogos e actividades de entretemento, a través de persoas (animadores, educadores, ludotecarios).

Para iso, ofrecémosche tanto os elementos materiais necesarios (xoguetes, materiais lúdicos, recursos didácticos, etc.), como as orientacións, axudas e compañia que requiran para o xogo.

Donde a necesites

Oxígeno organízache a túa ludoteca según as túas necesidades:

  • Se dispós dun espazo fixo con instalacións adecuadas (salas grandes, unha sala anexa para gardar os xogos e xoguetes, baño, patio e parque.). Nós montámosche unha LUDOTECA.
  • Os espazos abertos, non son problema: As nosas rúas, as prazas, os parques, os centros culturais, as escolas, etc. Todos son lugares válidos para despregar a nosa LUDOTECA.
Ludotecas para nenos e nenas a partir de 3 anos até os 18 anos, con xogos e actividades adaptados a cada franxa de idade.

oxigeno_ludoteca_navidad



ideasorixinais

detallescoidados

damosmáis