O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas dedicado este ano ao escritor e poeta Lois Pereiro en Oxígeno querémolo celebrar con todos vós (concellos, asociacións, colexios, institutos, etc) por eles habemos peraparado unha serie de actividades englobadas en DILINGUA.

DILINGUA é un programa de actividades multidisciplinar onde buscamos conxugar diferentes artes, actividades e aspectos da vida para promover e fomentar o uso da lingua galega. Sen esquecernos de dar a coñecer a vida e obra do homenaxeado Lois Pereiro.

Dilingua inclúe variadas actividades para todas as idades, nenos, nenas e maiores, xa sexa xuntos ou separados.

  • Obradoiros de Animación á lectura: contacontos, contos animados, teatro, recitais de poesía, xornalismo 2.0, ...
  • Obradoiros creativos: creación fotográfica, curtametraxes, expresión artística, animación de debuxos (stop motion), etc.
  • Animación: xogos populares, xincanas, danzas e bailes, cancións, xogos de rúa, ...
  • Rutas culturais: descobre novos lugares da man dos libros
Consúltanos todas as opcións dispoñibles.

+ Información

 

dia_letras_galegas_oxigeno


ideasorixinais

detallescoidados

damosmáis