|
Os campamentos deportivos teñen como centro de interese os diferentes deportes que hai desde convencionais, tradicionais e alternativos. Complementariamente realízanse outros tipos de actividades complementarias normais en campamentos como xogos, dinámicas, talleres, excursións, etc.
Ademais traballarase sobre os seguintes eixos transversais: educación para a saúde, educación para a igualdade e a cooperación, educación en valores (compañeirismo, empatía, etc.)
A base fundamental será a práctica de diferentes modalidades deportivas adaptadas ás condicións dos participantes, sempre desde un punto de vista lúdico-recreativo e cun transfundo educativo na transmisión de valores.
Practicaranse deportes convencionais como baloncesto, fútbol, balonmán, voleibol, tiro con arco, waterpolo, etc. Entre os deportes alternativos temos floorball, mazaball, speed-ball, ultimate, cesta punta, indiakas entre outros.
Realizamos Campus Deportivos temáticos dedicados só a unha modalidade deportiva con actividades complementarias. Outros deportes non dubides en consultarnos.
|

|