O 10 de Maio celébrase o Día Internacional do Comercio Xusto e Oxígeno quéreo celebrar contigo ofrecéndoche diferentes actividades para o teu público.

O consumismo está instaurado na nosa sociedade. Os nenos son os máis vulnerables á publicidade e ao consumismo, resulta difícil ensinarlles conceptos como compartir, a moderación, solidariedade? Pero ademais, algunha vez preguntámonos, Que impactos sobre o ambiente e a humanidade teñen os produtos que compramos?

Deixar de comprar non é unha solución realista. Pero, si é posible, reflexionar sobre os produtos que adquirimos, e ter unha actitude responsable sobre o que consumimos e isto é o que se pretende coa "Xincana X un Mundo + Xusto" con divertidas e diferentes probas para nenos, nenas e mozas de todas as idades.

Estas son outras temáticas relacionadas á túa disposición:
  • Alimentación e nutrición
  • Publicidade e medios de comunicación
  • Xogos e xoguetes responsables
  • Saúde e seguridade
  • Ecoconsumo

Se queres saber máis ponte en contacto connosco.

comercio_justo


ideasorixinais

detallescoidados

damosmáis